Número de libros encontrados: 3
Marxes
"Marxes" traza un mapa afectivo con itinerarios por Vigo no que se rememoran, con textos, fotografías e ilustracións, as batallas do Vigo rebelde e solidario...
Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte
«Todo canto eu fixen se acha ateigado dun amor a Galiza que calquera poderá igualar, pero nunca superar.» A frase de Ramón Villar Ponte, igualmente aplicábel a seu irmán Antón, resume perfectamente o norte que guiou a intensa, continua e poliédrica actividade cívica, política, cultural, xornalística e literaria destes dous irmáns no sangue e na patria que idearon no seu día, «en parolas íntimas», as Irmandades da Fala...
Luís Soto
Luís Soto é apenas un descoñecido para a maioría da sociedade galega e con el vai parte do noso pasado. Esta obra afonda na súa vida e no seu tempo: o sindicalismo da ATEO e o PCE na II República, Castelao e a UXT na Guerra Civil; a Comisión Galega do PCE e a Internacional do Ensino na posguerra; o Consello de Galiza e a JSUN; o Padroado da Cultura Galega e Vieiros no exilio; a fundación da UPG, a súa teoría e pensamento; a crise do 76 na UPG e o nacemento do PGP...